Friday 26 de April de 2024

A consellería de Política Social e Xuventude sinala que eventos como a carreira Runki axudan a visibilizar que unha Galicia máis integradora é posible


O Goberno galego colabora con Enki para a organización de iniciativas coma esta, que lle permiten ás persoas con discapacidade vivir unha vida plena

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, sinalou que eventos como a carreira Runki, organizada por Enki e Adcai, axudan a visibilizar que unha Galicia máis integradora é posible. Díxoo esta mañá antes do comezo desta carreira inclusiva.

Fabiola García puxo en valor que esta iniciativa permite que as persoas con discapacidade desfruten do deporte e dos seus beneficios e tamén facer de Galicia un lugar máis acolledor e mellor no que vivir. Os participantes acoden á carreira, que ten un percorrido de 7 kilómetros, vestidos de superheroes.

Neste sentido, recordou que o Goberno galego colabora con Enki para a organización de eventos coma este, que lle permiten ás persoas con discapacidade vivir unha vida plena. A Xunta de Galicia ten na atención á discapacidade unha das súas prioridades. Deste xeito, este ano 2022 a Administración autonómica destina unha cifra récord neste eido, preto de 142 millóns de euros para impulsar a autonomía das persoas con discapacidade e mellorar a súas vidas e tamén a das súas familias.